Participa no teu Blog, o blog dos Oubinhistas!! Mándanos a túa historia a fans_oubinhistas@hotmail.com e pronto a publicaremos no noso blog! Esperamos a túa historia!
lunes, 28 de febrero de 2011
E A GAÑADORA É....
MIRIAN VÁZQUEZ
Tras a publicación da súa histpria no noso blog oficial todo o que se oiu falar desta rapaza de Lugo de 17 anos foron cousas boas, comentarios maravillosos hacia a súa persoa, e hacia a súa historia e como gran loitadora que é conseguiu porñerse no primeiro lugar do noso podium, e gañar este concurso, tras poñernos en contacto con ela, accedeu a respondernos a unhas preguntas que deixamos aqui reflexadas para que poidades disfrutar das súas enternecedoras palabras...
1. Bueno Mirian dime, despois de tódalas historias publicadas no noso blog Oficial, que ti foras a gañadora con un 33% dos votos ¿Cómo te sintes? ¿esperávalo?
¿Esperalo? ¡Que va! Para nada, en porcentaxes ibamos todos moi igualados, podría gañas calquera, todas eran moi interesantes e tiñan un gran sentimento.
2. Como podemos comprobar eres una autentica fan de Carlos Oubiña, cóntanos un pouco como foi a primeira vez que viches a Panorama, e a primeira impresión sobre Carlos Oubiña
A primeira vez que vin a Carlos foi nunha festa, acompañada dunhas compañeiras, a verdade é que a primeira impresión, como para moitos, é pensar no guapo que é, pero tiven a sorte de poder coñecelo algo máis e dinme conta da gran persoa que é.
3. ¿Cómo o coñeceches? E que é o que máis destacarías del.
Pois a través dunhas compañeiras de clase empecei a saber da súa existencia, e pouco a pouco fun indo ás festa, así empecei a coñecelo.
A verdade é que destacar unha soa cousa de Carlos, non é tarefa fácil, pero xa que mo pides, intentareino jaja; persoalmente, destaaría a súa forma de involucrarse nun caso que realmente non tiña porque facelo, é impresionante que alguén te axude de esa maneira, e impagable; e en xeral, destacaría a súa amabilidade, esa forma de recibir os fans cando chegamos, ese sorriso que saca sempre cando lle pedimos fotos, firmas etc.
4. Cóntanos tamén alguna anécdota curiosa que vivises con el que queiras compartir con todos nós
Buff, son moitas, pero vouvos contar unha que me fai moita gracia.
Cando empecei a seguir a Panorama, eu intereseime por saber cousas do meu músico favorito, entereime de cousas como que era do Barça, nacera no Grove… pois un día nunha festa en Lugo, decidin esribir nun folio o seu apelido, pinteino cas cores do seu equipo favorito e cada vez que saia a tocar na parte de adiante do palco eu ensinaballo, depois decidín facelo con cartulinas, houbo xente que me coñecía pola “rapaza das pancartas”, a verdade pasábao xenial, agora daríame algo máis de vergoña, pero se hai que facelo, faise! Jeje.
5. ¿cal foi a actuación de todas as que fuches que sempre quedará grabada na tua memoria?
Todas as actuación foron, son e serán inolvidables, pero sen dúbida houbo unha quizás algo máis especial; o dous de agosto de 2008, en Cerdeiras (Lugo), levaba un tempo operada da perna, a raíz de iso tiven que andar na silla de rodas durante bastantes meses, esto impedíame subir o palco, e nesa festa de Cerdeiras, depois de tanto tempo sen poder pisalo, no descanso despois da primeira parte, puiden subir, fixerame moita ilusión, Oubiña deixarame coller o acordeón, eu estiven a punto de chorar. Pode dar a impresión de que non é para tanto, pero a min fora unha grata e ben grata alegría :D.
6. Xa rematando, para toda esa xente que nos lee habitualmente e que non te coñece persoalmente pero que te votou na enquisa ¿Qué lle dirias?
Primeiro e ante todo, como non, GRACIAS, espero que vos gustara a miña historia, como coñecín a Oubiña, e sobre todo, para os que non saiban moito del, espero que vos mostrara a gran persoa que é, e o gran corazón que ten.
7. E por último deixamos dedicarle esta victoria de blogerras a quen ti máis desexes
Pois a Andrea, webmaster de esta pedazo de páxina, gracias por facernos un espacio a todos os fans de Oubiña, para que podamos darlle todo o noso apoio, e por que sen ti, non existiría esta pedazo de páxina e non teríamos historias tan bonitas coma as que tivemos e seguro hai un montón delas máis. E como non a Oubiña, por demostrarnos como é, e por regalarnos un pouco do seu tempo cando entra na páxina, facemonos unha foto con él, ou simplemente bótanos un soriso dende o palco, porque, a moitos de nos, pódenos facer moi felices; GRACIAS Oubiña por ser como eres, por deixarnos disfrutar ca túa presencia. Persoalmente, non hai nada novo que contarche, xa o sabes todo, non o podo describir con palabras, só Gracias e Quérote.
Para coñcer un pouco máis a esta gran fan deeixovos uns enlaces:
http://www.youtube.com/watch?v=lOaMeKsYXvw
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario